05/05/2012 by marioregueira

Outro ano sen Bobby Sands

Nom ham de conseguir criminalizar-nos, nom nos arrebatarám a nossa verdadeira identidade, nom nos des-pojarám na nossa individualidade despolitizando-nos, institucionalizando-nos como robôs alienados. Nom ham de conseguir criminalizar a nossa luita de libertaçom.

A pesar de todas as torturas, nom deixo de me surpreender da lógica inglesa. Em oito séculos nom conseguírom quebrar o espírito de um só homem que quigesse continuar a ser livre. Nom conseguírom desmoralizar nem conquistar o meu povo e nom o vam conseguir jamais.

 

Bobby Sands en Um dia da minha vida, traducido por Patricia Janeiro para Estaleiro Editora.

Hoxe, cinco de maio, cúmprese un aniversario máis da morte en folga de fame do preso republicano irlandés Bobby Sands. Bobby Sands cae, como outros presos, en loita polo recoñecemento do seu status xurídico como prisioneiro político e contra un réxime penitenciario inhumano que pretendía dobregar pola tortura a vontade política dos loitadores irlandeses. Máis aló da súa importancia simbólica, o relato que fai en One Day in My Life, estremece por outras razóns. A primeira, a súa crudeza, que non palidece na comparación cos campos de concentración que corenta anos atrás estremeceran a Europa. A segunda, polo ánimo e a determinación do autor, capaz de atopar físgoas de alegría e esperanza no medio do máis abafante dos presidios. A tenrura da que Bobby é capaz fai un contraste brutal fronte á mesquindade dos seus vixiantes, é en si mesma unha vitoria e fai pensar que, ao final, o preso si conseguiu escapar da cadea, e que aínda hoxe voa, xunto aos paxaros que tanto lle gustaba observar, por riba da loita inacabada dos pobos oprimidos.

Non esquezades que o texto pódese descargar da rede e que é unha lectura altamente recomendábel nestes tempos.

#Activismo e resistencia#Cultura libre#Edición#Estaleiro#Lectura#Literatura

Comments

  1. Mr Tichborne
    05 05UTC Maio 05UTC 2012 - 20:55 08Sat, 05 May 2012 20:55:07 +000007.

    Libro altamente recomendable. Non é só unha testemuña dun tempo e dunha loita, senón tamén do ser humano: do máis baixo ata o máis alto, o propio Bobby e o seu exemplo de resistencia contra a tortura e a deshumanización. Canto máis o trataban coma unha besta, máis humano era.

  2. ulmo de arxila
    06 06UTC Maio 06UTC 2012 - 13:30 01Sun, 06 May 2012 13:30:36 +000036.

    E após ler o livro, nom está de mais completá-lo com o visionado de “Hunger”, de Steve McQueen.

  3. Zeltia
    22 22UTC Maio 22UTC 2012 - 13:57 01Tue, 22 May 2012 13:57:33 +000033.

    grazas polas recomendacións!

Comments are closed.

; >

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies