Sen futuro
O Goberno de Tsolakoglou aniquilou toda posibilidade de supervivencia para min, que se baseaba nunha pensión moi digna que eu pagara pola miña conta sen ningunha axuda do Estado durante 35 anos. E dado que a miña avanzada idade non me permite reaccionar doutra forma (aínda que se un compatriota grego collese un kalashnikov eu apoiaríao), non vexo outra solución que poñer fin á miña vida desta forma digna para non ter que acabar buscando nos baldes do lixo para poder subsistir. Creo que os mozos sen futuro collerán algún día as armas e colgarán aos traidores deste país na praza Syntagma como os italianos fixeron con Mussolini en 1945.
Nota de suicidio de Dimitris Christoulas, caído onte na praza Syntagma (Grecia).
paideleo
06/04/2012 - 23:53
Estamos en tempos de desesperación.