Amén
Máis tarde chegan os cataláns Carles Riba e a súa muller Clementina Arderiu; Blai Bonet, Foix e o valenciano Fuster, tan amigos e tan preocupados e curiosos polas cousas literarias da Galiza e pola súa lingua. (A propósito: estes estupendos e cultos poetas en lingua catalá, prevíronme seriamente contra os filólogos e -sobre todo- contra os afeccionados á filoloxía, no sentido de que, quizais sen querelo, son os inimigos máis perigosos que temos os que cultivamos as linguas minoritarias, porque, a historia, a socioloxía, a literatura, eles redúceno todo a problemas da súa especialidade.)
Celso Emilio Ferreiro, citado por Ramón Nicolás en Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, (trad. do autor deste blogue)
iago villamil
09/10/2012 - 10:18
Ola, escribo dende unha vila con un mural feito por alumnos do CEIP co poema Deitado frente ao mar. Non son filólogo nin afecionado a filoloxía, tan só lector. Pero neste caso tamén seguindo a túa recomendación de colgar nunha entrada o contacto, a propósito do teu libro Outono aquí e a túa labor de crítica literaria.
un saudo
iago
Mario
10/10/2012 - 02:23
Pois xa me gustaría saber o nome da vila (e mesmo ver fotos do mural). Un saúdo.