01/04/2010 by marioregueira

As mulleres, por fin liberadas

Unha das primeiras medidas do novo poder revolucionario foi a de liberar ás 25.000 mulleres chamadas “reprodutoras” do sinistro centro de natalidade San Salvador. É evidente que na nova sociedade en construción a muller atopará o lugar preponderante ao que ten dereito e que lle foi negado polo fascismo falocrático durante os longos anos nos que a mantivo baixo o seu xugo. Xa podemos anunciar que tres mulleres, polo menos, ocuparán un posto permanente no colexio do poder creado en torno a Alcide NIKOPOL. Este colexio do poder, reforzado por un pequeno grupo de intelectuais que, milagrosamente, escaparon con vida das prisións políticas fascistas, terán por misión definir de maneira xenerosa as novas liñas da nova marcha cara a adiante da sociedade parisiense. (Acción Revolucionaria, 23 de marzo de 2023).

.

Para acompañar estas vacacións relixiosas, un anaco de A feira dos inmortais de Enki Bilal, un relato futurista sobre a relación do ser humano cos deuses, a inmortalidade… e a forma de derrocar o poder nunha Europa neocatólica e neofascista.

#Activismo e resistencia#Banda Deseñada#Cotidiano#Epigramas#Feminismo

Comments

  1. A Raíña Vermella
    01/04/2010 - 13:31

    Unha Europa neocatólica e neofascista? Que familiar soa iso, agora que a estrema dereita gaña poder en Italia, e ninguén pon freo aos desmáns da Igrexa. A ver se aprendemos algo deste cómic.

  2. ekis1331
    02/04/2010 - 00:16

    O ceo (utopía, ideal, esperanza) está a caer encol das nosas cabezas…

Comments are closed.

; >

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies