Un novo comezo
Foron algo máis de tres anos, no vello dominio de blogger, tres anos nos que pasaron moitas cousas, entre as que podemos destacar a publicación de tres libros, pero tamén recitais, viaxes, polémicas, traballos e destraballos, proxectos que xurdiron coa forza das ilusións e caeron axiña na apatía máis tópica deste país, e tamén as derrotas políticas, tamén tópicas do país, entre treguas que nunca acabaron de convencernos. O blogue tivo os seus altibaixos e o certo é que a tentación de mudanza a blogaliza, que estivo presente dende os primeiros tempos, foi tomando o corpo dun revulsivo que permitise revitalizar as crónicas do porto e impedir o estatismo no que estaban caendo. Tamén está, por suposto, o feito de apoiar un xeito de facer as cousas que funciona e que está asociado ao país, que ao cabo é unha das cousas que máis me importan, sobre todo vendo a dificultade de artellar respostas e a capacidade que seguimos a ter de derrubarnos as escaleiras entre nós.
Estiven tentado de abandonar o blogue moitas veces, e dalgunha forma é o que fixen. En lugar de importar o vello contido, decidín comezar de cero. Supoño que en esencia o vello cronista de Gorée que xa son aparecerá nestas novas páxinas, ao mesmo tempo supoño que haberá cousas dese vello cronista que o novo rexeitará. E coma sempre haberá xente máis ou menos descontenta. En calquera caso, o porto abriu de novo, poden atracar os seus barcos e pasear pola illa e asomarse unha vez máis á porta do non retorno.
FraVernero
04 04UTC Marzo 04UTC 2010 - 08:33 08Thu, 04 Mar 2010 08:33:49 +000049.
Pois adiante coa nova singladura! E que sexa tan fértil e productiva coma o Palenque que deixaches na Illa de Gorée…
Lau
04 04UTC Marzo 04UTC 2010 - 09:31 09Thu, 04 Mar 2010 09:31:46 +000046.
Pois… Benvido de novo a bordo…
Coma sempre, seguiremos o teu rumbo dende a escuridade!
Bicos
albixoi
04 04UTC Marzo 04UTC 2010 - 10:30 10Thu, 04 Mar 2010 10:30:58 +000058.
Parabéns polo novo comezo. Que as musas che sexan propicias.
Mr Tichborne
04 04UTC Marzo 04UTC 2010 - 11:24 11Thu, 04 Mar 2010 11:24:54 +000054.
Pois benvido! Eu lembro que sempre me falaches ben do traballo de Blogaliza cando eu estaba pensando en mudarme, e en troques non dabas o paso. Feliz nova (vella, a mesma) singradura!
Antuán
04 04UTC Marzo 04UTC 2010 - 14:09 02Thu, 04 Mar 2010 14:09:57 +000057.
Coraxosa singradura, nestes tempos de facebook… Sen dúbida é unha grande noticia. Aquí nos terá agardando, ansiosos…
Sak
04 04UTC Marzo 04UTC 2010 - 17:50 05Thu, 04 Mar 2010 17:50:22 +000022.
Blogaliza merecia que este blogue estivera nela e moitos, merecéndoo ou non, gostamos inmenso de lerte.
Apertas e obrigado por voltar!
ekis1331
05 05UTC Marzo 05UTC 2010 - 15:02 03Fri, 05 Mar 2010 15:02:51 +000051.
Alédame a túa volta. Fermosa fotografía.
FraVernero
06 06UTC Marzo 06UTC 2010 - 17:28 05Sat, 06 Mar 2010 17:28:17 +000017.
De todos xeitos, fixeches mal, ao meu ver, en borrar as entradas da vella bitácora, home. O pasado é bo que fique, coma un torre (ou no noso caso, porto) evanescente…
ghanito
07 07UTC Marzo 07UTC 2010 - 00:54 12Sun, 07 Mar 2010 00:54:16 +000016.
Que inmenso pracer atoparte na Blogaliza 🙂
Mario
07 07UTC Marzo 07UTC 2010 - 11:50 11Sun, 07 Mar 2010 11:50:33 +000033.
Graciñas a tod@s por esta benvida. Sobre algunhas das cousas que se dixeron aquí:
– Blogaliza: o meu apoio ao proxecto vén de moi atrás, por ser galego e por gostar do xeito no que fan as cousas. As razóns polas que non me mudei antes foron simplemente a preguiza, nos primeiros tempos porque xa o blogger me esixira tempo para saber fozar nel e non quería pasar outra vez por ese proceso de aprendizaxe tan axiña, ultimamente porque non atopaba tempo para facer a migración dun xeito convincente. Como curiosidade, este dominio de blogaliza collino hai case un ano, imaxinade.
– Os vellos arquivos do blogue. Sinto pola parte na que moitos comentarios de amig@s quedaron borrados, porén eliminar o vello blogue era algo que precisaba simbolicamente para comezar unha nova etapa. Ao mesmo tempo, Fra, hai a longo prazo un certo experimento especulativo niso, teño curiosidade por ver como se relacionará a memoria d@s lectores, e tamén a do campo literario, con toda esa inxente cantidade de textos, e a forma na que tratarán (ou non) de recuperalos.
Tamén quero advertir sobre a reforma das ligazóns con respecto ao vello blogue. Fun deixando fóra aqueles blogues que levaban tempo sen actualizar, algúns moi míticos e de bos amigos, pero que hai máis de seis meses que non dan sinais de vida. Se algún deles decide volver que me avise e o reintegrarei co maior pracer ao meu blogroll. Tamén é posíbel que esquecese algún no lío da mudanza, así que é só avisar se reparades nalgún lapsus.
Obrigado de novo a toda a xente que segue aí, ao outro lado 🙂
Manuel L. Rodrigues
07 07UTC Marzo 07UTC 2010 - 12:42 12Sun, 07 Mar 2010 12:42:42 +000042.
Benvido de novo á rede, Mario. Unha aperta.
Mr Tichborne
10 10UTC Marzo 10UTC 2010 - 00:11 12Wed, 10 Mar 2010 00:11:00 +000000.
Podes correxir a ligazón ó meu blogue? Ligaches o antigo de blogspot e non o novo de blogaliza (eu tamén son un desertor). Grazas!
Mario
10 10UTC Marzo 10UTC 2010 - 02:30 02Wed, 10 Mar 2010 02:30:43 +000043.
Feito! E non ha de ser o único erro, nin o máis grande, xa verás.