Marco Livorno

Marco Livorno

Marco Livorno é Lucarelli. Marco Livorno é a quilla da equipa e o puño esquerdo en alto. A alba do domingo e a escuridade dos baños públicos. Marco Livorno a opereta das vellas ferrolás que tenden a roupa traspasadas polo azul. Amante e camarada. O exilio infindo. Marco Livorno é cabalo i é tigre. Unha historia apócrifa. As cometas que pairan no ceo de Caranza. O seme.

Mario Regueira sorprende coa historia do futbolista que revoluciona as rúas do metal ferrolán. Ven de Italia xoga ao “deporte rei” entoando Bandiera Rossa e dilata os lindes da sexualidade heteronormativa. XII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, “Marco Livorno” (Editorial Caldeirón, 2019) non deixará indiferente a quen se interne nas súas páxinas.

“E así, detrás das portas dos baños públicos,
escribo o teu nome
como se foses a liberdade.”
de “Marco Livorno”, Mario Regueira

Texto de Quico Valeiras para a presentación na libraría Chan da Pólvora (Decembro de 2019).

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies