Actitude Caernarfon
A cidade, se asà se pode chamar a unha localidade que non chega aos dez mil habitantes, estivo a piques de ser a capital do paÃs, pero foi desprazada a mediados dos cincuenta pola puxanza dun Caerdydd (Cardiff) que xa era naquel momento unha cidade moito maior e un núcleo poderosamente referencial. AÃnda asÃ, e como diciamos no post anterior, se o sur é onde están as grandes cidades, o norte de Gales é onde está o seu patrimonio histórico e lingüÃstico e, sen ningún status oficial que o confirme, Caernarfon segue a ser algo asà como a capital histórica do paÃs. Nela, concretamente no seu castelo, ten lugar a investidura do PrÃncipe de Gales, un acto tan importante no simbólico como polémico e que na súa última ocasión (1969) mobilizou o pouco independentismo armado galés que existÃa daquela para boicotealo.
A cidade é, ademais, a xoia da coroa da lingua galesa, se o norte é o lugar onde máis viva permanece, Caernarfon é o núcleo de poboación con maior porcentaxe de falantes, algo que, polo menos na miña experiencia, puiden percibir moi axiña e sen dúbida ten que ver cunha actitude consciente, particularmente nas persoas que están de cara ao público. Non era algo buscado, pero sen dúbida non foi casual acabar tendo conversas sobre a lingua galesa coa maior parte da xente coa que interactuamos. As persoas non perderon a oportunidade de alentarnos sobra a facilidade de acceder ao galés dende unha lingua ibérica, ou de comunicarnos a existencia dunha longa comunidade bilingüe hispano-galesa na Patagonia, un dos poucos casos nos que a lingua dunha nación sen Estado floreceu no alén mar da emigración. Finalmente, e tras revelar que viñamos da Galiza, algún tamén preguntou sobre se tiñamos lingua propia e se eramos independentistas. Supoño que a pregunta que moitas das persoas que partimos de culturas minorizadas agardamos escoitar nas viaxes ao estranxeiro e que só se reproduce nun contexto coa mesma noción de estar a resistir que podemos ter nós. Se me guÃo unicamente pola experiencia dun dÃa, dirÃa que cada persoa de Caernarfon traballaba como embaixadora da súa lingua e da súa cultura, dándolle unha visibilidade que doutra forma non terÃa. E non só iso, senón que o facÃa por propia vontade e convencemento, sen estar a traballar dende estruturas organizativas de normalización lingüÃstica.
Serve de algo a Actitude Caernarfon? Ben, podo dicir que a idea de chegar a aprender galés ocupaba un lugar moi remoto nas miñas expectativas, porén si que me fixo pensar na posibilidade de iniciar aÃnda que fose un coñecemento rudimentario e tamén desmontou algúns dos prexuÃzos que levaba sobre a lingua, relativizando a idea sobre a súa enorme dificultade que outra xente me transmitira. É bastante probábel que esa dificultade exista, pero a xente de Caernarfon fÃxome pensar que é mellor descubrilo a través dunha experiencia directa. Dalgunha forma, convencéronme para darlle unha oportunidade á aprendizaxe dunha lingua na que só estaba interesado de forma moi superficial e desde unha perspectiva puramente sociolingüÃstica. Hai campañas institucionais que non conseguiron tanto.
Resulta frecuente escoitar en contextos similares argumentos éticos sobre o deber de aprender unha lingua minorizada. Non podo dicir que non os comparta e penso que a sensibilidade sobre a riqueza lingüÃstica e o respecto ás comunidades ameazadas é unha das moitas materias pendentes que teñen as sociedades europeas. Para min, di moito dunha persoa que decida aprender a lingua minorizada do paÃs no que está vivindo, con independencia da verdadeira pericia que chegue a desenvolver nela. Porén, ás veces esquecemos que a sensibilidade lingüÃstica é algo que se traballa e que, sen renunciar ao horizonte legal ao que temos dereito, podemos facer moito máis pola nosa lingua cunha actitude de convencemento que con esas ferramentas. Se cada galegofalante fose un embaixador ou embaixadora da lingua con cada persoa estranxeira que pasa polo noso paÃs, a imaxe e a lexitimidade da nosa loita tamén mellorarÃan, e se cadra conseguiriamos até aumentar o número de neofalantes entre nós. Naturalmente, para iso farÃa falta, antes que nada, ter unha autoconsciencia da imaxe da nosa lingua entre as persoas galegofalantes que posibelmente esteamos lonxe de ter e que poderÃa ser o primeiro grande problema. Da mesma forma, outras limitacións pexan tamén a cuestión do galés, un tema co que, nos próximos dÃas, remataremos esta serie de entradas.
susarins
14 14UTC março 14UTC 2014 - 21:48 09Fri, 14 Mar 2014 21:48:52 +000052.
Meu irmão trouxo-me de gales um livro de quadrinhos do que não lembro o tÃtulo (tenho-o na escola, na expo de lÃnguas do mundo), mas que consiste num manual bilÃngue inglês-galês com o lema “aprender galés é fácil”.
Nunca me pugem, admito, mas esse presente logrou algo semelhante ao que ti narras: que eu descobrisse os meus prejuÃços sobre a dificuldade e quase extinção da lÃngua galesa.
Também logrou que me perguntasse por que uma obra como essa não a havia sobre o galego. Simplesmente para que as gentes curiosas que nos visitam, podam saber que temos uma lÃngua e que se querem podem aprendê-la.
Mario
15 15UTC março 15UTC 2014 - 14:02 02Sat, 15 Mar 2014 14:02:48 +000048.
É certo que a questom da visibilidade da lÃngua é algo que tenhem moi trabalhado, e penso que, ainda que nom som situaçons equiparáveis em absoluto (castelam e galego som intercompreensÃveis cum pouco de boa vontade), si que é algo que poderiamos ter em conta para a nossa própria causa. Obrigado por comentar, Susana!